miércoles, 26 de mayo de 2010

O cómic

Historias en imaxes e palabras contadas por rapaces de 3º de ESO


Máis na marxe dereita ;)

miércoles, 28 de abril de 2010

venres 23 Día do Libro (Semana das Letras)

O venres viña cheo de sorpresas...
terceiro e cuarto de primaria desfrutaron dunha contacontos
e tamén os de 1º e 2º de ESO




A rapaciada de 5º é moi larpeira e non se conformaron só con escribir un recetario. Tamén cociñaron!!! Poidemos comprobar que as receitas estaban moi boas, mmmm....!

Entre o xoves e o venres os rapaces de 2º de ESO foron a diferentes cursos a falar do seu libro de adiviñas de forma lúdica propoñéndolles que atinasen coas respostas.
Tamén os de 4º da ESO continuaron coa presentación do seu libro sobre Uxío Novoneyra nas clases falandolles aos nenos sobre a súa vida e a súa obra.
(Na marxe dereita podes ver un pequeno albume de fotos adicado a este traballo).

martes, 27 de abril de 2010

xoves 22 (Semana das Letras)





Os pequenos de infantil asistiron a unha divertida animación na que coñeceron o pequeno león e as súas peripecias

martes, 20 de abril de 2010

mércores 21 (Semana das Letras)


Estes son algúns dos libros escritos polos rapaces e rapazas do colexio. Temos dende recopilacións de soños ata a biografía de Uxío Novoneyra, tamén chistes, refráns receitas, prantas medicinais...






O escritor Marcos Calveiro falou cos nenos e nenas de 5º e 6º sobre como se documentou e como escribiu o seu libro O carteiro de Bagdad.
Resultou unha actividade moi participativa e dinámica. Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas sobre o libro e o traballo de escritor.
Ao remate Marcos Calveiro asinou os exemplares do seu libro que os nenos xa tiñan lido ao longo do segundo trimestre.












Os rapaces de 4º de ESO dan aos seus compañeiros de primaria e secundaria unha pequena charla sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra, escritor galego ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.



martes 20 (Semana das Letras)

Obradoiro de banda deseñada

Fran Bueno é un debuxante de bandas deseñadas. Leca traballando nisto quince anos, desde sempre lle gustou moito debuxar; e non cambiaría o seu emprego por nada, porque lle gusta moito. El é de Santiago.

Gústanlle moito as bandas deseñadas e non podería elixir nada en concreto. De todas as que fixo as que máis lle gustaron foron Escachapedras e Amor inmortal; esta última é a que está saíndo agora en Galimatías.

Os seus autores favoritos de banda deseñada son: Spirou, Frank Miller e Alan Moore entre outros.

Ensinámoslle as nosas bandas deseñadas, fixémolas en plástica; gustáronlle moito todas e díxonos o que poderíamos mellorar delas. En xeral gustoulle moito a presentación das bandas deseñadas.

Sira e Antía 3º de ESO

Podedes ver máis fotos do obradoiro na marxe dereita da bitácora.

lunes, 19 de abril de 2010

luns 19 (Semana das Letras)

Programa do día







Como alegre recibimento temos a entrada do colexio ilustrada por moitos debuxos en constante movemento. Son imaxes de contos clásicos coloreados polos nenos de infantil.

















Os máis pequenos tamén lle adicaron hoxe un bo rato a ler pero fixérono nun sitio moi especial, a Biblioteca













As rapazas e rapaces de 3º da ESO asisten atentos a unha charla de Fran Alonso sobre Uxío Novoneyra, poeta e escritor galego homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.