miércoles, 26 de mayo de 2010
miércoles, 28 de abril de 2010
venres 23 Día do Libro (Semana das Letras)
terceiro e cuarto de primaria desfrutaron dunha contacontos
e tamén os de 1º e 2º de ESO
A rapaciada de 5º é moi larpeira e non se conformaron só con escribir un recetario. Tamén cociñaron!!! Poidemos comprobar que as receitas estaban moi boas, mmmm....!
Entre o xoves e o venres os rapaces de 2º de ESO foron a diferentes cursos a falar do seu libro de adiviñas de forma lúdica propoñéndolles que atinasen coas respostas.
Tamén os de 4º da ESO continuaron coa presentación do seu libro sobre Uxío Novoneyra nas clases falandolles aos nenos sobre a súa vida e a súa obra.
(Na marxe dereita podes ver un pequeno albume de fotos adicado a este traballo).
martes, 27 de abril de 2010
xoves 22 (Semana das Letras)
martes, 20 de abril de 2010
mércores 21 (Semana das Letras)
Resultou unha actividade moi participativa e dinámica. Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas sobre o libro e o traballo de escritor.
Ao remate Marcos Calveiro asinou os exemplares do seu libro que os nenos xa tiñan lido ao longo do segundo trimestre.
martes 20 (Semana das Letras)
Fran Bueno é un debuxante de bandas deseñadas. Leca traballando nisto quince anos, desde sempre lle gustou moito debuxar; e non cambiaría o seu emprego por nada, porque lle gusta moito. El é de Santiago.
Gústanlle moito as bandas deseñadas e non podería elixir nada en concreto. De todas as que fixo as que máis lle gustaron foron Escachapedras e Amor inmortal; esta última é a que está saíndo agora en Galimatías.
Os seus autores favoritos de banda deseñada son: Spirou, Frank Miller e Alan Moore entre outros.
Ensinámoslle as nosas bandas deseñadas, fixémolas en plástica; gustáronlle moito todas e díxonos o que poderíamos mellorar delas. En xeral gustoulle moito a presentación das bandas deseñadas.
Sira e Antía 3º de ESO
Podedes ver máis fotos do obradoiro na marxe dereita da bitácora.
lunes, 19 de abril de 2010
luns 19 (Semana das Letras)
Como alegre recibimento temos a entrada do colexio ilustrada por moitos debuxos en constante movemento. Son imaxes de contos clásicos coloreados polos nenos de infantil.