martes, 20 de abril de 2010

mércores 21 (Semana das Letras)


Estes son algúns dos libros escritos polos rapaces e rapazas do colexio. Temos dende recopilacións de soños ata a biografía de Uxío Novoneyra, tamén chistes, refráns receitas, prantas medicinais...






O escritor Marcos Calveiro falou cos nenos e nenas de 5º e 6º sobre como se documentou e como escribiu o seu libro O carteiro de Bagdad.
Resultou unha actividade moi participativa e dinámica. Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas sobre o libro e o traballo de escritor.
Ao remate Marcos Calveiro asinou os exemplares do seu libro que os nenos xa tiñan lido ao longo do segundo trimestre.












Os rapaces de 4º de ESO dan aos seus compañeiros de primaria e secundaria unha pequena charla sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra, escritor galego ao que se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario